sábado, 13 de octubre de 2012

A CASTAÑA



A CASTAÑA

     
     A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das Fagáceas e de nome científico Castanea Sátiva.

     O castiñeiro é unha árbore de crecemento relativamente lento moi abundante nas provincias de Lugo e Ourense i, en xeral, en todo o Norte de España.

     Pensábase que procedía de Oriente pero recentes excavacións demostran que xa existía na Europa mediterránea e que foron os romanos quenes a introduciron polo resto de Europa.



     Nutritiva e saborosa, do tamaño dunha noz, está cuberta dunha casca delgada pero resistente de color pardo oscuro.

     Na árbore preséntase normalmente en grupos de tres rodeada dunha envoltura de espiños (o orizo). No outono este orizo cae ó chan e recóllense as castañas do seu interior, para alimenta-lo gando e para o consumo humano.


 
      Este froito presenta moitas cualidades gastronómicas pero ademáis resulta fácil de conservar, podendo empregarse despois de meses tras un simple secado. Tamén pode moerse e usarse como fariña, empaparse en azucre para obter un doce "marrón glacé", etc.
     E moi importante tamén o seu uso na alimentación dos porcos, constituíndo un excelente alimento, que ademáis proporciona unha apreciable mellora á carne deste animal.

     
     A castaña posúe propiedades tónico -vasculares, reconstituíntes e tamén antiinflamatorias.
     Por tanto é beneficiosa para a memoria e moi indicada en casos de desgaste físico, depresións, problemas de próstata, varices, e hemorraxias.
     Crudas son algo indixestas. Tomar algunha castaña cocida antes dun exame pode axudar a non ter lagoas de memoria.


 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901