sábado, 13 de octubre de 2012

A CICUTA - CONIUM MACALATUM

A CICUTA
CONIUM MACALATUM

      Hoxe quérovos ensinar unha planta que creo que pode ter o seu interese, a cicuta (Conium maculatum) Son consciente que as fotos teñen escasa calidade, pero me parece interesante que saibamos distinguila, vainos a vida en iso!
 

      Da Familia das Umbelíferas, trátase dunha planta bienal, é dicir, o primeiro ano crecen as raices e as follas e no segundo ano de vida é cando desenvolve un gran talo, pode ser de tamaño dunha persoa, que se caracteriza por ser oco e estriado, as flores son brancas e pequenas, formando unha umbela de 10 a 15 cm de diámetro.





     A cicuta áchase moi estendida e "convén" saber distinguila doutras flores da mesma familia ás que se asemella, como son o apio, perexil,angélica, hinojo e a zanahoria silvestre (todas comestibles) Para non confundila o máis importante é o talo, que é o que pretendo ensinar na foto, xa que ten unhas manchas cor púrpura moi características e ademais a planta desprende cheiro a ouriños.






     O tóxico principal é a coiína e a coniceína, e atópase en todas as partes da planta, pero onde son máis abundantes é nas sementes cando están aínda verdes.Algúns gramos de froitos son suficientes para provocar a morte dun ser humano, os primeiros síntomas aparecen ao cabo dunha hora, primeiro se poducen transtornos dixestivos, cefaleas, vertixe, hipotermia, debilidade muscular e finalmente unha parálise ascendente que empeza polas pernas e acaba producindo a morte por asfixia!



      Sinto o mal rolo do comentario de hoxe, pero como agora a cicuta está en plena floración, pois iso, cuidadín, que ten perigo e non hai antídoto!

     Saúdos a todos e grazas!
 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901