domingo, 7 de octubre de 2012

A CIDADE E A SERPE DO OUTEIRO DE RUBIÓS


A CIDADE E A SERPE
DE 
OUTEIRO DE RUBIÓS
LENDA



     No outeiro de Rubios houbo unha gran cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.


     Esta cidade foi atacada polos romanos ou pobos franceses que estaban no castro do Furriolo. Emprencipiou o ataque con un gran fuego, sostido desde o propio Furriolo a pesar da distancia de dúas leguas que os afasta, pois é sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis alcance que as nosas. Fóronse despois acercando os inimigos a Cachiquimbra, puxéronlle sitio e remataron por destruíla, morrendo dos da vila 11.000 mártires e dos atacantes, mortos tamén.


     Cando os sitiadores estaban xa ao pé da vila, uns soldados foron pousar unha miga á beira dunha poza, que aínda existe, e sentaron nunha que coidaron trabe, que estaba deitada no chan.  Pouco tempo durara a pousa cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe grandísima, mais tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban; e entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e que o prendesen no cabo dunha corda. Feito isto, déronlle a carne á serpe e, en canto lle entrou nas gorxas, ataron a corda a un penedo e a serpe morreu no instante mesmo.


MAPA

Celanova - Ourense
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901