domingo, 7 de octubre de 2012

A COVA DA SERPE - LENDA

A COVA DA SERPE

LENDA

 
FOTO: XOAN ARCO DA VELLA

     
     A torre de San Paio de Narla ( Friol, Lugo) ten as súas lendas. Unha delas é a que se refire á cova da Serpe, que dá nome a un monte que vai bater na provincia da Coruña, perto de Sobrado dos Monxes.


     Tiña un dos señores daquela torre ou castelo unha filla, Berta ou Benta, que gustaba de se solazar andando dacabalo polas terras achegadas á torre, costume adoiotado naqueles tempos de ruíns estradas, mais fallos doutros pasatempos.


     Aconteceu certo día que a besta en que ía a fidalguiña gañou medo e comenzou a correr desenfrenada sen que a rapariga puidese contela. Mais un membrudo mozo campesiño brincou no camiño dun balo baixo, botoulle as mans ao bocado da besta e cun rexo esforzo contivo o animal.


     A herocidade do mozo, e poida que máis que outra cousa varonil apostura do lanzal xove, fixo que a doncela se namorara del. Pola súa parte o rapaz viu na fidalguiña unha meiguiceira fada que o deixou angaiolado, preso non seus encantos e donosía.

     Os dous mozos voltaron a se ver e, sentados á sombra dos carballos dunha devesa, falábanse namorados e ditosos esquencendo a súa desemellante condición.

     Mais, o señor de San Paio, don Lopo das Seixas, soubo logo daqueles amores da súa filla co mozo labrego, seu vasallo, e amenazou á rapaza cun fero castigo se non puña fin a aquela desasisada que era unha aldraxe para a fidalguía das torres.

     Benta, amante e arriscada, puxo en coñecemento do rapaz as ameazas do seu pai e, entre choros e bicos, ambos determinaron de fuxir a través dos montes e iren en procura de refuxio noutras terras.

     O señor das Seixas, cando se decatou de que a súa filla desaparecera, ordenou de contado que saísen algúns escudeiros e homes de armas da torre para perseguiren os fuxitivos, dar morte o galán e voltar para o castelo coa filla que o tiña deshonrado con aquel feito deshonesto.

     Os amantes, ao se sentiren perseguidos, escoitando o catriplinar dos cabalos, agacháronse nunha cova que atoparon no monte que tentaban cruzar. Mais ficaron abraiados ao se toparen cunha gran cobra, unha serpe monstruosa, que se dirixía , erguendo a moxenta testa, cara a Benta. O mozo, empuñando un puñal, interpúxose e pretendeu cortar a cabeza á cobra que arredou o ataque e se envolveu lixeira e destemida en torno do rapaz cutándolle o movemento.

     A loita entre o home e a serpe foi témera; a rapariga ollábaos estarrecida. En cabo o varudo mozo atinxiu a cobra cun certeiro golpe na testa; mais xa era tarde as trabadelas da serpe e mais o premer do escorregadío corpo que lle apreixaba o corpo e a gorxa, causáronllo a morte.

     Oíndo os berros salaiantes da rapaza, chagaron as xentes de don Lopo que recolleron á espavorida Benta e a conduciron á Torre de Narla.

     Por iso lle chaman ao monte Cova da Serpe, en lembranza do drama que se desenvolveu alí, conservado pola lendaria tradición.

MAPA
 
Miraz, Friol - Lugo
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901