sábado, 6 de octubre de 2012

A DISPOSICIÓN DO ANCIÁN ESCARMENTADO

A DISPOSICIÓN
DO
ANCIÁN ESCARMENTADO




   
     Habiá en certa aldea un modesto ancián que tiña tres fillos e fíxolle a mellora ao máis vello e, despois que estaba mellorado, o vello víase nelas. O herdeiro tratábao mais mal, como lles desagradara o feito, tamén lle virabanas as costas. Púxose o vello a pensar e pareceulle que lle podería á pauliña cun novo argumento.

        Buscoulle un amigo certa cantidade de diñeiro e,encerrándose no seu cuarto, puxoo sobre da mesa e empezou a contar e facer paquetes, facendo ruído coma se fose unha tesourería, mais aos fillos, como estaba encerrado, moveulles a curiosidade ver o que o vello facía. Ao velo tan precavido con aquel trafego, crendo que os demachiños lle trouxeran cartos, empezaron a arrepentirse e, no susecivo todos á porfía lle viñan preguntando que servizos desexaba, co obxeto de ver quen podía conseguir o peto ao fin da vida do vello. Pero cando o vello morreu foron mirar ao carón e tíña o vello cheo de pedras e, enriba delas, unha moca cun papel que dicía:

O que dá do que ten antes de que morra,
merece que lle dean con esta cachiporra.

       E desa forma acabaron as esperanzas dos malvados fillos.


XOAN ARCO DA VELLA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901