lunes, 8 de octubre de 2012

A DONA DO MONTE DAS CROAS

A DONA
DO
MONTE DAS CROAS 
LENDA




     No monte das Croas, en Salcedo, estaba encantada unha "dona" fermosísima, que vivía nun pazo dentro do monte, onde había un gran tesouro, tanto que a súa sona chegou a Cádiz. As señas están no cantar: 
 
    Monte das Croas, ponte do Batán, fonte de clara fría, monte de San Mariné tira con ouro as ovellas e non saben o que é.




     Un neno que gardaba as ovellas viuna que se peiteaba cun peite de ouro. Chamouno e pediulle un año, o rapaz asustado, fuxiu e foillo contar ao pai; este obrigouno a volver alá e darlle o año que pedía a "dona"; mais cando volveu desaparecéralle o fato todo.

     A pouco apareceu a "dona" coas ovellas e mandou ao rapaz que fora chamar o pai. Non se sabe o que o pai tratou coa "dona", pero o caso é que se fixo rico. Unha vez o pai do rapaz enfermou e desahuciárono os médicos. 

     A súa muller tivo que saír da casa e, cando volveu, atopou alí unha fermosa "dona", que ela non coñecía e o home estaba moito mellor. Cando se foi a "dona", a muller preguntou e preguntou ata que o home lle contou todo, mesmo os remedios que lle dera a "dona"...Pero ao outro día apareceu morto co corpo todo negro como se lle deran unha gran tunda. 

MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901