lunes, 8 de octubre de 2012

A MEDORRA DA BARRELA


A MEDORRA DA BARRELA



     Un señor chamado O Eirexe Vella pasou unha tarde, a cabalo, polo camiño que vai arredor do castro e apareceulle unha muller coa que trabou curto diálogo.


   A muller era unha moura e deulle uns cravos para as ferraduras do cabalo e uns carbóns, encargándolle que gardase os regalos ata chegar á casa; mais, movido pola curiosidade, quixo coñecer o que lle regalaran e ao velo tirou todo, pero quedaron nos pregos do bolso uns anacos de carbón que ao chegará casa de transformaran en ouro.   
   

   O señor Eirexe volveu ao sitio onde o tirara, pero xa non atopou nada, polo que perdera unha colosal riqueza, a mellor fortuna de entón.
 

Piúgos - Lugo

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901