lunes, 8 de octubre de 2012

A MEIGA CHUCHONA - LENDA

A MEIGA CHUCHONA

LENDA




     Había en San Xián de Sergude unha muller á cal lle morrían todos os fillos. A última nena que tivera levaba camiño de morrer tamén. 

     -Pois isto ten que ser causa dun "mal de ollo" ou da "Chuchona"- dixo a nai da muller que    era anciá e, como tal, sabía destas cousas que se van aprendendo ao correr dos anos. 
 
  Entón un sábado pola noite colleron na braña, tres xuncos, cortáronos a igual tamaño e marcáronos: un era a "envexa"; outro o "angarido" (mal de ollo) e o outro a "meiga Chuchona". 

          ¿Non che dicía eu?- dixo a nai- ¿Ves como é cousa de meiguería?.
 
         ¿E que debemos facer? ¿Quen pode ser a meiga?

  Xa o saberemos. Polo momento hai que poñerlle á nena unha castaña de indias, un      dente de allo e unha poliña de herba de San Xoán. E non deixala soa, de noite virá unha mosca moi grande e moi negra e pousarase no berce. Esa é meiga Chuchona que vén chuparlle o sangue á túa nena. Hai que esconxurala dicindo "¡San Silvestre, meiga fóra!" e, ao mesmo tempo, pegarlle á mosca cunha poliña de loureiro. Dálle sen dó que se a matas non se perde nada.

  A muller e o seu home agardaron sen deitarse xunto ao berce ata que a media noite viron a mosca.



 A muller proferiu as palabras do esconxuro e, ao mesmo tempo, o home coa póla de loureiro golpeou á mosca. 
 
  Ao día seguinte apareceu morta na súa cama unha vella de Tabeaio. Esa era a meiga Chuchona que ía chupar o sangue dos nenos





SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901