lunes, 8 de octubre de 2012

A MOURA DE ARNOIA - LENDA

A MOURA DE ARNOIA

LENDA




     Nese penedo que hai no medio do río, un pouco máis abaixo da primeira ponte, estaba un día unha moura peiteando unha rapaza cun peite de ouro. Pasaron por alí uns segadores e a moura preguntoulles qué camiño levaban. Como os segadores lle dixeran que ían para Castela, a moura díxolles:
 
       — Pois eu teño alá uns parentes e agradecereivos qeu lles levedes este regalo.
 
  v    Así o fixeron os segadores e, cando o entregaron, o que o colleu, tan pronto lle botou a man, estoupou e quedou esnaquizado. 
     Cando volveron para Galicia, a familia do que morreu delles ós segadores unha faixa de seda para un meniño co encargo de que lla entregase á moura de Arnoia para que esta lla puxese ó seu fillo, e ós que a traían regaláronlles unha madeixa de seda moi pequeniña, dicíndolles que aquela madeixa non se acababa nunca, e que lle encargasen moito á súa muller que, cando tecesen teas, ninguén as vira, porque senón acabábase no mesmo momento. 
     Chegaron a Arnoia os segadores e entregáronlle a faixa á moura. Esta colleuna e púxolla a unha cerdeira que estaba chea de cereixas e, naque mesmo momento, a cerdeira estoupou.
 
       O segador que traía a madeixa entregoulla á súa muller, encargándolle moito que ninguén a vise tecer. A muller púxose a facer varas e máis varas de tea e a madeixa nunca se acababa; mais un día, estando na cociña tecendo, entrou unha veciña, viuna e, de repente, acabouse a madeixa.

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901