domingo, 7 de octubre de 2012

A MOURA DO CASTRO AIRA DA VILA - LENDA

A MOURA DO CASTRO
AIRA DA VILA
LENDA
    
     O castro foi construído polos mouros, que deixaron grandes riquezas agachadas. Para buscar estas riquezas, xuntáronse varios homes con mentes de faceren unha mina, pero colleron medo e non fixeron nada.

    No castro había moitos encantos; un era unha tendeiraque amosaba moitas cousas e desapareciá. Tamén había cobras que saían voando cara ás casas de Rendal.

    Hai poucos anos vivía preto do castro unha muller que tiña os porcos máis gordos do lugar e iso que case non comían na casa.


    Un día a filla da dona foi buscar os porcos e atopounos preto do castro onde unha moura lles estaba dando de comer. A rapaza colleu medo e quixo volverse, pero a moura chamouna e díxolle:

    - Rapaza, vaite para a casa e dille a túa nai que cando mate os marráns ten que darme a metade, que ben llo merezo.

    Ao chegar a matanza, a dona dos porcos facia sempre as partillas coa moura dándolle un porco enteiro.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
O Saviñao - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901