lunes, 8 de octubre de 2012

A MOURA DOS COPOS DE OURO

A MOURA
DOS 
COPOS DE OURO 
LENDA




   
   Hai outro castro bastante consevado nesta parroquia do Val do Mao, nun lugar que precisamente tamén se chama Castro.

   Din que, hai bastantes anos, estaban dous veciños gardando as ovellas ao pé do castro e viron unha pita con pitos, todos da color do ouro. Correron tras da pita e os pitos e viron unha moura que estaba fiando copos de ouro, pero en seguida se meteu a moura, a pita e os pitos pola fendedura dunha pena e desapareceron.

   Nunha pena deste castro hai esmaltada a ferradura dun burro, e din que é do burro que trouxo desde Andúxar ao Val do Mao as reliquias de santo Eufraxio, que ten o sepulcro no centro da igrexa de Valdemao.

   Non hai moitos anos, din que un veciño de Castro atopou no dito castro unha rella dun arado toda de ouro e que a levou a vender a Monforte e que lle deron moitos ducados por ela.

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
O Incio - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901