sábado, 6 de octubre de 2012

A MULLER QUE ANDABA O REVÉS



A MULLER QUE ANDABA O REVÉS
CONTO
     
      Era unha muller que andaba o revés, quérese dicir, que non sabía atricar con todos, e mais aínda so seu home que era un Xanciño que sempre había facer o que ela quixera pois era a que mandaba na casa.

     Un ano, polo verán, chegou unha romaría e o home quixo ir ver, e como el tamén tiña a súa aquela, ordenou unha astucia e, cando estaba no traballo, púxosee a falar coa muller e díxolle:

     -¡Ti non quererás ir á romaría! Porque eu tampouco vou.

     -¡Que non quererei....!¡Que non quererei....! Pois si que quero ir. ¿E que ti non vas? vaia se vas, tes que ir e senón xa o veremos, cando eu fale.

     E, ao chegar o día, o home, que ben sabía o que facía, xa de maña cedo, dedicouse a manter os cabalos e, cando foron horas díxolle á muller:

     -Vou levar os cabalos o monte.

     -¡Ai! -fixo ela-. ¡Non levas, non, que vas vir conmigo á romaría!

     -Pero a muller, ¿como queres que eu vaia con tanto labor como hai?

     -Pois has ir, máis que che pese. Mantén logo os cabalos.

     O home fixo como que mantiña os cabalos e logo engadiu:

     -Para ti aparelleiche o cabalo branco, pois o roán levareino eu, que é moi bravo.

     -Non, o roán levareino eu, máis que sexa bravo, e ti levaras o branco.

     -¡Mira que é moi bravo e vaite tirar!

     -Mais que me tire, levareino eu.

     E marcharon cada un montado no seu cabalo e, cando chegaron ao pasal do río grande que levaba algo de chea, o cabalo da muller quíxose espantar e tirou con ela a auga, abraiada ao se ver guindada nas augas, non se puido poñer de pé e levouna a corrente. O home, daquela, ao vela desaparecer marchou río arriba pola riveira e atopou cun veciño que lel preguntou:

     -E logo, hom. ¿que é o que che trae por aqui?

     -Caeume a muller no río, no pasal.

     -¿E como non a vas procurar río abaixo, hom?

     -¡Non carafio! Que ela sempre andou ao revés e ten que estar río arriba.


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901