A PENADAUGA
LENDA - TRADICION
LENDA - TRADICION
Os rituais animistas que se desenvolven ao redor da peneda están vinculados á auga (lavando calquera tipo de doenza física que traiamos, principalmente da pel) e á pedra (a xente pon o seu lombo contra os ocos que hai baixo a pedra para curar males de columna, lumbalxias, etc.
Despois complétase o rito deixando unha moeda na auga da pía antropomorfa que está sobre a peneda, dáse unha volta ao redor dela (como lugar sagrado que é, igual que se fai ao redor das igrexas en procesión) e os máis devotos van en silencio ata Escuadro para escoitar unha misa, ir na procesión ao redor da igrexa, pasar por debaixo da santa e participar na poxa de galiñas e polos que se celebra no mesmo adro da igrexa.
Durante todos os días que dura esta celebración hai ringleiras de persoas constantemente agardando a súa quenda para subir á peneda e lavar as doenzas que trae en devoción á santa.
Este ritual animista vinculado á auga e á pedra e no que a divindade é unha figura feminina que habita no río Toxa, moi peóximo a este lugar podémolo imaxinar case invariable dende tempos inmemoriables.
Antes esta peneda estaba arrodeada de carballos e todos estes compoñentes da lenda e rito póñeno en relación directa con outros dos lugares animistas máis importantes que temos en Galicia: Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz.
Sobre a peneda a xente lava todas as doenzas que traen: soriases, eccemas, chagas, verrugas e calquera outro tipo de mal da pel; tamén lavan orellas, ollos, ou mesmo os xenitais, e non faltan os que fan enxaugues de boca. Ao final déixase unha moeda na auga para devoción.
Logo de facer este ritual lavativo, a xente máis devota vai en silencio ata a igrexa de Escuadro para escoitar unha misa, ir en procesión detrás das santa, pasar por debaixo da súa imaxe e finalmente participar na poxa de galiñas e polos que hai no mesmo adro da igrexa.
A peneda da santa garda unha fervorosa tradición que fai que haxa fieis devotos destes ritos animistas que acoden durante todo o ano a este lugar para buscar a curación das súas doenzas.
Sempre a atoparedes adornada de flores e candeas ao seu redor.
Río Toxa ao seu paso pola parroquia de Escuadro. Á dereita está o remanso no que hai un nacente de auga no que na noite de San Xoán se aparece unha galiña con pitos de ouro.
Tamén é o lugar de onde provén a Santa Isabel, cristianización dunha figura feminina precistiá vinculada ás augas e á curación a través dela na Peneda de Santa Isabel, na aldeíña de Penadauga, moi cerca de aquí.
Tanto a tradición da figura feminina, coma a da galiña cos pitos continúan completamente vixentes na actualidade a través dos ritos cristiáns.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901