lunes, 8 de octubre de 2012

A PONTE DO RÍO EUME - LENDA

A PONTE DO RÍO EUME 
LENDA




     O símbolo da "ponte" na cultura occidental marca a "transición entre dous mundos". A etimoloxía da palabra "pontífice"("pontifex") supón a idea de "quen constrúe unha ponte", en xeral referido ó outro mundo, á outra beira, é dicir á morte.  

     Ó  demo, chamado Lucifer (de "lux" e "ferre" : o que leva a luz) se o ten tamén como constructor de pontes , usurpando as funcións do pontífice (representante da divindade). E na cultura galega existen varias lendas que falan do "diaño" en tales tarefas. Tal é o caso do Pontedeume.
 
      Hai unha lenda que di que a ponte sobre o río Eume foi feita por Satán soamente nunha noite. A historia conta que un rapaz chamado Ledán afogara no río, nunha noite de treboada, cando o atravesaba nadando para ir ver á súa moza. 



     Ela, chamábase Minla e era filla dos condes de Andrade e tamén moi fermosa. Ó escoita-los berros de agonía de Ledán e dándose conta do que lle pasara, promete a súa alma ó diabo en troca que este construíse unha ponte para pode cruza-lo río e dese xeito ve-lo corpo do seu amado morto. 
 
     Lucifer aparéceselle e confirma que o fará... Entón, Minla impón unha condición : que a ponte ten que estar rematada antes de que cante o galo do curral dos Andrade, pois non desexaba que as xentes coñecesen a verdade. 
     O demo comeza a construcción da ponte e cando o galo canta aínda lle falta construír un arco, pero o arco que falta non impide que Minla poida pasar á outra beira. 
    Mais ó non cumprir exactamente o compromiso, o demo non pode posuír a alma da doncela" A etimoloxía lendaria tenta que aquela ponte foi chamada por tal acontecemento "Ponte do Demo", pasando posteriormente pola forma "Pontedemo" , ata chegar á actual "Pontedeume". Din que en lembranza deste acontecemento ergueron os Andrade a capela e o hospital de peregrinos.
 
      Hai tamén outra versión da lenda que atribúe unha orixe diferente á devandita ponte" Segundo esta, unha fermosa e rica dona de Pontedeume cruzou nunha ocasión á outra beira do río. Cando ela quixo volver, o río crecera de tal maneira cá barca e os remeiros que nela ían desapareceran. A muller blasfemou en voz alta e naquel mesmo intre apareceu Lucifer na forma dun mozo garrido. Ofrécese a pasala á beira contraria, pero impondo unha condición : ela tiña que asinar co selo do seu anel un pergamiño que lle tendía.
 
      Así o fixo a dona e ó instante, apareceu a ponte construida sobre o Eume. Ámbolos dous comezaron a pasar, mais ó chegaren xusto ó medio da ponte, o demo mostrou o documento que a muller asinara. Segundo este documento, ela entregaba a súa alma ó adversario, quen podería esixirlla cando lle petase. E naquel mesmo intre, era cando o demo llo esixía. A dona, asustada, invocou á virxe que a acudiu, fuxindo nese mesmo momento Satán.
 
      Cóntase que en conmemoración e agradecemento foi erguida unha capela (hoxe inexistente) no centro da ponte.

MAPA
 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901