sábado, 6 de octubre de 2012

A PRÉSA DO SAPO - CONTO

A PRÉSA DO SAPO
CONTO




   
     Atopábase o sapo na porta da súa buraca cando oíu cantar as ras na beira do rio. Cavilou que estaría ben o ir ás mozas e ancamiñouse carrandeando cara á ribeira.

   Por máis que comenzaba a noite cando se puxo a andar, amañecia xa ao chegar aos primeiros prados, e xa lucía o sol no alto cando viu de perto as augas do río.

    Agora xa non se oían as ras e o compadre Lucas cavilou que estaban da outra banda. Foi na procura do pasal e atopouno decontado, mais a auga levaba moita forza e as pedras estaban moi lonxe unhas das outras. 


    Botou medio día antes de se atrever a brincar na primeira mais, ao cabo, brincou, e houbo caer. Mirou onde quedaba a outra e tivo medo. Cando oía cantar as ras sentíase moi valente, pero ao ver a auga e sentila cantarolar entre as pedras estarrecía. Así botou sete días sen saber o que facer. Era de verán e o río apoucaba máis cada vez. O sapo cavilou que ben podía brincar pois agora, por máis que non chegara a outra pedra, caería na area do río e foise e brincou, mais, como perdera moitas forzas de botar tantos días na pedra a cavilar, caeu na auga e, ao ir polo río abaixo, laiábase:

   - ¡A culpa foi miña por ter tanta présa a non pensalo ben!


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901