lunes, 8 de octubre de 2012

A TORRE DE BREOGÁN - LENDA

A TORRE DE BREOGÁN 



     Breogán foi un poderoso xefe dunha daquelas tribos dos celtas a quen chamaban ártabros os latinos, que designaron tamén co nome de Portus Magnus Artabrorum ao hoxe porto de A Coruña, como tamén chamaron Brigantium a esta cidade. 
 
  A cidade estaba situada nunha pequena illa, hoxe unida ao territorio pola parte moderna construída sobre o istmo de area, e nela gobernaba Breogán. As pequenas barcas de vimbio recubertas de coiro abrigábanse na pequena ensenada de San Amaro. 


     
     Cerca de alí nunha das ribeiras da costa que forma unha colina de pouca altura, Breogán fixo construír unha gran torre na parte da illa máis próxima ao mar aberto. Aquela torre podería servir de guía aos navegantes. Podería, tamén, encendendo na súa elevada plataforma unha fogueira, transmitir a grandes distancias, durante a noite certos sinais, como, por exemplo, a arribada daquelas grandes naves de comerciantes fenicios que viñan comerciar cos habitantes de Galicia. 
   
     Unha tarde de outono, cando a atmosfera era clara e transparente, Ith, o fillo de Breogán, subiu ao alto da torre e desde alí oteou o horizonte. Na lonxanía do mar, alá nos confíns onde parece que se xuntan as augas co ceo, pareceulle divisar entre as brumas da distancia outra terra descoñecida. O desexo de saber o que habería naquel lugar ata entón ignorado fixo nacer na súa imaxinación a idea dunha apaixoante aventura. 

     
     Pediu consentimento a seu pai para organizar unha expedición e conseguiuno. A expedición realizouse pero antes da partida Breogán recomendou a Ith que fixera a viaxe montado no seu cabalo, sen apearse del ata que chegara; só así podería ter a certeza de volver á súa terra con facilidade.
      E desta maneira foi como os celtas de Galicia levaron a Irlanda a súa civilización. Por iso se encontran en Irlanda as mesmas citanias ou castros de casas circulares, iguais ás do noso país, e os preciosos torques de ouro, emblema dos xefes, e semellantes nomes de ríos e lugares, e ata a mesma gaita, con parecidos temas musicais.


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901