A TOXEIRA
CONTO
CONTO
Mandaron a un criado apañar os toxos e pasouse toda a mañá ao redor
dunha toxeira sen saber por onde empezala de modo que cando a mediodia
chegou o amo para ir xantar inda non cortara un toxo. Botoulle o amo unha
boa reprimenda, pero el desculpouse dicindo que non parara en toda a
maña pero que non soubera por onde empezala.
Marcharon para a casa e puxéronse a xantar pero o amo, agarrando un pan
enteiro, púxose a darlle voltas e mais voltas. Estrañouse o criado de
ver ao amo dándolle ao pan tantas voltas e preguntoulle por que lle daba
tantas voltas ao pan.
-Pois - respondeu o amo-, porque non sei por onde empezalo
-¡Ande, señor, ande! -dixo o criado-. ¿Empéceo por calquera lado!
-¡Por calquera lado -contestoulle o amo -tamén se podía empezar a toxeira!
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901