viernes, 5 de octubre de 2012

AS CEREIXAS BICADORAS - CONTO DE MI


AS CEREIXAS BICADORAS




     Hai moito, moito tempo, ao carón dunha casiña có tellado a dúas augas, había unha cerdeira feiticeira, única.

     Coa chegada da primavera enchíase de flores.


     Eran de tal beleza, que as xentes parábanse a os seus pés, por ver as cores e as súas feituras.


     Pasados os días aparecían os froitos.


     Centos de cereixas enchían as polas e agrupándose de dous en dous, facían dúos perfectos. 


       Sinxelos.

     Permanecían unidas a árbore hasta que alguén, que supera o seu segredo, as tomase. 


       Cando xa estaban ben maduras, por suposto.

     Contan que, esas mans, tiñan que ser moi especiais e facelo ritual moi lentamente, con delicadeza, con xeito. 


     Entón o conto continuaba.

     As pezas desprendíanse con entrega, e a persoa, con complicidade, tiña que as pendurar uns intres nas súas orellas, a modo de pendentes. 


       Presumida, orgullosa.

     ¡Aparecían os foguetes!. As cereixas daban bicos a flor de pel, acariñando; e facían voar a eidos que ninguén soia imaxinar.


     Nese xogo incluíase a chegada dos froitos aos beizos, e como por arte de maxia estalaban nun xarope de cor vermella escura moi doce.


     Xarope meigo.


     A cerdeira, que gardaba o segredo, xa hai tempo que alguén pinchouna.


     Casa nova con tellado de enxeñería. 

     Onde estaba a árbore, agora, unha piscina con ananos as veiras.
Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901