domingo, 14 de octubre de 2012

AS TECELÁS


AS TECELÁS



     
     Aínda que en Galicia non nos queden restos de tecidos de épocas antigas, si quedan obxectos que demostran a importancia da actividade como son os pesos e fusaiolas así como documentos de época romana que fan referencias ao liño e ao seu proceso.

     Entre os séculos XV e XVIII a actividade textil que é familiar e artesanal comeza a establecer relacións comerciais con outras zonas da península, como Castela, e tamén fóra da península como América provocando unha gran demanda. Zonas como Padrón, a Limia e Viveiro volcáronse nesta actividade crecendo tamén o número de tecedores e tecedoras así como a aparición de máis mercados dedicados ao liño.

     No s. XIX o campesiñado que non tiña os medios económicos para mellorar técnicamente a produción do liño, tentou facer fronte aos novos tecidos de fabricación industrial procedentes de Francia, Bélxica e Inglaterra pero no s. XX vaise abandonando a súa produción.




     O traballo de transformación do liño en tecido é moi longo no tempo  e pasa por numerosos procesos, así cando a planta do liño comeza a xermolar recóllese con coidado arrincándoa de raíz e facendo pequenos feixes para pasala polo ripo, especie de banco cun peite de madeira de grandes dimensións co fin de arrincar a bagaña, cápsula que contén a semente do liño. Logo de empozalo, e cando xa está seco mázase e delúvase, é dicir frégase coas mans, separando as fibras boas das defectuosas e pásase polo restrelo, que é unha táboa inzada de puntas finas e moi xuntas para poder separar o liño bo da parte grosa quedando así preparado para tecer.

     A outra materia prima tamén empregada polas tecedeiras era a la; o proceso é máis sinxelo, comezaba coa rapa das ovellas a man, a la que se obtiña había que lavala no río; tralo secado había que desfacer os nós pasándoa polas cardas, que eran dúas pas de madeira con mango e pugas de ferro quedando lista para pasar ao fiado.
 
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901