viernes, 5 de octubre de 2012

AS TRES CRUCES - CONTO

AS TRES CRUCES 
CONTO


     Bieito Marcial fora ó servizo e tocoulle a Cuba cando a penúltima guerra. Alí tivo a sorte de que o alcanzara un machetazo dos mambies en ocasión que os fixera correr de firme, indo el diante, polo cal feito foi descansar un mes ó hospital e mais déronlle unha crus das baratas.

     Logo de saíre, ganou outra crus por outro feito semellante e seguiu portándose tan brillantemente, que cando regresou á península, traguía os galóns de sarxento na boca manga e mailas dúas cruces cosidas fortemente a subela, e cabo no lenzo dianteiro da guerrera.

     Xa no seu pobo, doeuse a poñer escola e o procedemento que tiña para ensinar a escritura era poñerlle diante ós rapazes un papel de barba raiado ca cuña e facerlles escribir indefeutiblemente o que sigue, que escribía el antes en letras grandes e visibles, ou ben o ditaba campanudamente:

     Don Bieito Marcial Betuneiro, sarxento maior, por la gracia de Dios y la Reina Reguente, del Regimiento de tal número tantos, con tres cruces ganadas en los campos de batalla de la manigua cubana de la Illa de Cuba. Escrito a tantos de tal mes del año tal.

     Unha ves por semana ensináballe a extrusión ós rapaces levándoos todos ó redor da igrexa parroquial, pró cal solía poñerse a guerreira, lucindo os galóns e as cruces para estar mellor en carácter.

     O que chocaba, tanto ós rapaces coma ós que o trataban, era que non véndolle máis que as dúas cruces, el falaba sempre de tres.
A alguén que llo advertiu, díxolle que a terceira nona traguía porque era a mais pesada.

     Unha noite de inverno xogaba á berisca cuns veciños na súa casa, os calees propuxeron saber o que había de certo acerca da crus en custión. Bieito íbase desentendendo da conversa cando lle tocaban ó asunto, hasta que un dia díxolle:

     -O que é que nos anda embornando con eso das tres cruces e aínda bo é se ten as dúas.

     -Teño, home, teño –repondeu Bieito-. ¡Vaia se teño! Exa que vos empeñades, aí a tendes.

     E sinalou á muller.




Recibido no correo. V.C.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901