viernes, 5 de octubre de 2012

AVELAIÑA NOVA - CONTO DE MI


AVELAIÑA NOVA



     
     No xardín hai tres farois.

     Alumean durante a noite hasta que o amañecer chega.


     Na escuridade brillan con intensidade e, mentres os vagalumes debuxan puntiños sobre a herba, un grupo de avelaíñas fan as súas danzas o seu redor. 


     Sómente bailan así durante a noite nos días que vai calor.

     Unha delas, moi noviña, andaba despistada, tanto que case se torra ao tropezar co vidro quente.


     Pasou que mentres duraba o luscoefusco, veu, sobre unas flores, unha bolboreta moi diferente a ela. 


     ¡Tiña e o seu finísimo po tinguido de cores! , iso facíala moi elegante.

     As súas compañeiras, e mais ela, eran ben escuras.


     Ignoraba que as trazas non poden elixir, nin elas ni ninguén. 


     Eche o que hai.

     Para ser bolboreta de cores hai que nacer xa tinguida.


     Na escola no se aprenden esas cousas.
 
Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901