viernes, 12 de octubre de 2012

CAPELA DE LOURDES - BORELA

CAPELA DE LOURDES
 BORELA
COTOBADE
PONTEVEDRA
     
     Cotobade é un concello da Provincia de Pontevedra. Pertence á Comarca de Pontevedra. Limita cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra.


     A súa poboación en 2007 era segundo o IGE de 4.575 persoas (2.131 homes e 2.444 mulleres), 33 menos que o ano anterior. O seu xentilicio é Cotobadés.


     Cotobade ordéase en 13 parroquias, e entre os accidentes xeográficos máis salientables destacan o río Lérez e o seu afluente o río Almofrei, dando nome este último a unha das súas parroquias. Tamén sobresae o monte Seixo, que con 990 metros de altitude é a cota máxima do concello.


     A denominación de Cotobade semella que deriva de "couto do abade", dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de beneditinos de Tenorio.

    
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade. Segundo o IGE no 2007 tiña 388 habitantes (189 homes e 199 mulleres), 6 máis que no 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.

      
Persoeiros:
      En 1947, a escritora brasileira Nélida Piñón, que daquela contaba con 10 anos, múdase cos pais e cos avós maternos para Borela, onde ficarán dous anos

  VIDEO
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901