viernes, 12 de octubre de 2012

CAPELA DE SAN XOSE - CERDEDO COTOBADE


CAPELA DE SAN XOSE
CERDEDO COTOBADE
TERRA DE MONTES
     
      Cerdedo é un concello situado na zona centro de Galicia  e perfectamente comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de Compostela( 45 km) e Ourense (50 km). 


     Cunha extensión duns 80 quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes é un refuxio ideal para os amantes da natureza, os deportes ó aire libre e a boa mesa.  


     Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei, ó sur con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste con Campo Lameiro e Cotobade. 



     Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente, o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro. 


     As súas maiores elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo (1024 m) e no Outeiro de Couso. 


     O río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando o término municipal en  dirección este - oeste. 


     A existencia dunha numerosa, aínda que de pequena escala, rede de afluentes do Lérez fai que as terras sexan productivas e axeitadas para a agricultura e a gandeiría. 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901