jueves, 11 de octubre de 2012

CAPELA DE SANTA IRENE - ARZUA

CAPELA DE SANTA IRENE

ARZUA

A CORUÑA

    
     Arzúa é a décimo terceira parada do Camiño, a derradeira pausa antes de chegar a Santiago cun percorrido de 16 quilómetros dende Boente a A Calzada.



     O Camiño Francés a Compostela cruza o concello de leste a oeste. 


     Entra en Arzúa pola parroquia de Boente, onde nos recibe a Fonte da Saleta e segue na parroquia de A Castañeda, que xa se recollía no Códice Calixtino baixo a denominación de Castaniolla. 


     O documento xacobeo destaca que neste lugar se atopaban os fornos para o cal empregado na construción da catedral compostelá. 


     Eran os propios peregrinos os que, como un xeito de penitencia, levaban ata Castañeda a pedra caliza que eles mesmos recollían á altura de Triacastela.


     Logo de pasar Castañeda, o Camiño de Santiago conduce o peregrino en dirección ao río Iso e, cruzando a ponte medieval, chégase a Ribadiso, o lugar no que se atopa un dos albergues cos que conta o concello.



     O albergue inaugurouse en 1993 e é o froito da rehabilitación do antigo hospital de peregrinos de Ribadiso onde durante séculos un hospitaleiro atendía con toda caridade ós camiñantes, segundo un documento do ano 1523. 


     Outro caso idéntico é o do albergue que se atopa na vila de Arzúa, a carón da capela da Madalena e construído no que foi, no século XV, o hospital de peregrinos do convento dos frades agostiños.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901