viernes, 12 de octubre de 2012

CAPELA DO SANTO ANXO DA GARDA

CAPELA
DO
SANTO ANXO DA GARDA
O CÁDAVO
COTOBADE
PONTEVEDRA
     
      Cotobade é un concello da Provincia de Pontevedra. Pertence á Comarca de Pontevedra. Limita cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra.


     A súa poboación en 2007 era segundo o IGE de 4.575 persoas (2.131 homes e 2.444 mulleres), 33 menos que o ano anterior. O seu xentilicio é Cotobadés.

     
     Cotobade ordéase en 13 parroquias, e entre os accidentes xeográficos máis salientables destacan o río Lérez e o seu afluente o río Almofrei, dando nome este último a unha das súas parroquias. 



     Tamén sobresae o monte Seixo, que con 990 metros de altitude é a cota máxima do concello.


     A denominación de Cotobade semella que deriva de "couto do abade", dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de beneditinos de Tenorio.

     
      O Cádavo é un lugar da parroquia de Sacos, no concello pontevedrés de Cotobade. 


     A súa poboación no ano 2006 era segundo o IGE de 11 persoas (5 homes e 6 mulleres), o que supón un descenso de 2 persoas respecto ó ano anterior.


     Neste lugar atópase a capela do Anxo da Garda e a mámoa da Abeleira.


     O topónimo fai referencia a unha superficie queimada, posiblemente un antigo toxal.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901