sábado, 13 de octubre de 2012

CASTRO DE O CASTRO - VIGO


CASTRO DE O CASTRO
VIGO



     O poboamento do Castro desenvólvese nunha primeira etapa prerromana que se inicia no século III a. C. e remata a finais do século I a. C. 


     A ela corresponden unha gran parte dos obxectos que se mostran nesta sala: os restos da alimentación, moitos dos recipientes cerámicos, unha importante parte dos adornos persoais, os útiles empregados na elaboración dos tecidos, etc. 


     A destacable presenza na sala de materiais procedentes deste poboado explícase pola continua investigación arqueolóxica nel realizada, da que resultaron tamén as máis de corenta estructuras habitacionais que quedaron ao descuberto. 



     Xa nesta época prerromana ou indíxena iníciase o contacto cultural co mundo romano, a este momento pertencen os obxectos importados (romanos) mais, pouco a pouco, estes obxectos vanse impoñer en número sobre os castrexos (cerámica campaniense, ánforas itálicas, sigillata de diferentes procedencias, cerámica fina, moedas...). 


     Nos séculos I e II d. C. o poboado está plenamente romanizado. A partir do século II e en relación co crecemento do vicus situado máis preto do mar, o castro comezará a súa decadencia. 



VIDEO
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901