sábado, 13 de octubre de 2012

CÍTRUS LÍMON - LIMOEIRO


Citrus limon
LIMOEIRO



 
     O limoeiro é unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os 6 m de altura; posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta moi apreciada para traballos de ebanistaría.
 
     Forma una copa aberta con gran profusión de ramas, as súas follas son elípticas, coriáceas de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40). Surxen illadas ou formando pares a partir de xemas coloradas.


  
     O limoeiro é orixinario de Asia e foi descoñecido por gregos e romanos, sendo mencionado por primeira vez no libro sobre agricultura Nabathae contra os séculos III ou IV. O seu cultivo non foi desenvolvido no oeste até despois da conquista árabe, estendéndose entón por toda a costa mediterránea onde se cultiva abundantemente, debido á benignidade do clima, para consumo interno e de exportación.
 
     O seu froito, o limón, posúe un alto contido en vitamina C (501,6 miligramos) e ácido cítrico (49,88 gramos) por litro. Utilízase para elaborar sobremesas ou bebidas naturais como a limoada. Era moi utilizado entre os antigos mariñeiros que pasaban longos períodos no mar sen acceso a outras froitas ou hortalizas, para evitar o escorbuto.
 
     Existe unha ampla gama de variedades de limoeiros, existindo limóns doces (máis grandes e con pel agradábel) e limóns de tamaño medio (máis agres). Hai variedades de colleita estacional (no outono e inverno), e hai outros de colleita perpetua (case todo o ano).
 
     Tamén hai variedades de lima, que son uns pequenos limóns de cor verde e moito máis agres. En América son moi populares.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901