sábado, 13 de octubre de 2012

DIGITALIS PURPUREA - ESTRALOTES

Digitalis purpurea
Estralotes
zapatitos de cristo



     Os estralotes son abondosos nas beiras dos ríos galegos.
       Planta moi característica,  ¿quen non estalou unha destas plantas na súa vida?.  É doado estoupalas :  tápase por riba e estopause contra a man.

     En Galicia ten moitos nomes, máis de sesenta, o que demostra, que é moi coñecida: estralotes, dedaleiras, croques, bilitroques,  estalos, abeloura, abrula, estoupallo, seoane, botexo,  lunas da nosa señora,  etc. En castelán chámase entre outros nomes "zapatitos de Cristo".
     A planta ten de 25 a 180 cms. Pubescente e lanosa.
     Rara vez casi lampiña.
     Follas basais ovais ou case aserradas bastante grandes.
     A corola é cor púrpura, en forma de tubo con peliños dentro. Típica.
     Aparece en calquera lugar, pero preferentemente terreos non  calizos.
     Follas inferiores son aserradas, cun pecíolo moi longo.



    O froito é ovoideo, romo, igual ou maior co cáliz. O froito,  está nunha cápsula ovoidea que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño. É tóxica.
     Unha curiosidade desta planta é que pode ser "a planta galega con máis nomes"  (por riba dos 60 nomes), ver si non algúns:  estralotes, dedaleiras, croques, bilitroques,  estalos, aveluria, abeloura, abrula, abrulla, alconoz, alcroque, alicroque, babocas, balocos,  estoupón, estralantes, estraleques, estrincón, estroupallón, estrincón, folla do sapo, herba da cobra,  herba dos troques, porreta, estoupallo, seoane, botexo,  lunas da nosa señora,  abelloca, belitroque, borleta, botexo, cocos, crocas, croquele, digital, dixital, melicroque, milicroque, palitroques, sapaqueiro, soandes, xoane, etc.
     Esta planta dura sobre dous anos.
     É moi común en Galicia. O feito de recibir tantos nomes demostra as craras que é moi popular.
     Aparece en calquera lugar.
     En castelán ten tamén moitos nomes como: zapatitos de Cristo, dedalera, digital, guante de nuestra señora, viluria, guantelete, calzones de zorra, chupamieles e outros.
     É unha planta velenosa,  contén unha droga que fai máis vigoroso o latexar do corazón. Por eso se aproveita como medicamento.
     Pero ollo, non se debe recolectar xa que é velenosa para autoterapia.
     É moi utilizada para afeccións de corazón e tamén para a orina.
     Dícese que escorrenta as bruxas e as desgracias si se pon na porta a noite de San Xoán; e seguro que é certo...
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901