domingo, 7 de octubre de 2012

FALACHES, CORNEACHES - LENDA

FALACHES, CORNEACHES
LENDA

     
     En Calvos de Randin, un probe que ia unha mañán moi cedo pra feira do 12, o pasar pola casa Moura
saiulle un mouro e preguntoulle:

     - E logo pra onde vai?


     - Vou a feira comprar uns porquiños.


     - E ten moitos cartos pra os mercar?


     - Ai, señor, eu cartos téñolle pouquiños.


     - Pois ven, merca dous porcos dos mellores, e depois esperame ali, ti e quen chos venda.Que despois vou eu a pagalos.

     Pasou todo segun dixera e cada un quedou cun porco.


     Enton o mouro dixolle o home:

     - Todas as mañás ben cedo traesme un neto de leite, non chames, deixao no chan neste sitio senalado, e teras un peso todos os dias, e non digas nada que estas cousas non se poden contar.

     Por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos en segredo.


     Mais a sua muller sempre andaba decindo:


     - De onde che veñen os cartos?, que antes non tiñamos e agora temos moitos?, seguro que tes unha amiga que chos da.


     O home dixolle:


     - Non muller, ti come e bebe e a min deixame, que non che teño amiga ningunha.


     Tanto a muller insistíu, que acabou por contarllo todo.


     O home veu prol outro a di a mañan levar o leite, e no canto de cartos, atopou un corno cun letreiro que decia:


     Falaches, Corneaches.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901