jueves, 4 de octubre de 2012

FARO DE PUNTA LAMEDA

FARO DE PUNTA LAMEDA
NIGRAN - MONTEFERRO
PONTEVEDRA

     
     O Concello de Nigrán forma parte do Val Miñor. Situado ao sur da provincia de Pontevedra, dista 98 Km de Santiago de Compostela pola autoestrada, 20 sepárannos da fronteira portuguesa e 12 de Vigo, a urbe máis importante de Galicia. 


     O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións permiten o acceso por terra, mar e aire.



     Núcleos de poboación coma Parada, Camos, Chandebrito ou Priegue gardan auténticos tesouros que os seus veciños están dispostos a compartir con todos aqueles que o desexen. 


     Para coñecer estes lugares marcamos un inicio simplemente de referencia xa que calquera pode visitalos, a pé ou en coche atopando ao seu paso numerosos atractivos. 


     Disfrutar de todas estas posibilidades débese ao enclave privilexiado de Nigrán, xa que se atopa situado no colo das altas serras que a protexen das baixas temperaturas en inverno e das excesivamente altas no verán. 


     Antes de chegar ás nosas costas, o Océano Atlántico xa ten perdido parte da súa braveza no seu encontro coas Illas Cíes e as Estelas, isto fai que se presente manso para procurar pracenteiros baños e coa enerxía xusta para permitir a práctica de deportes náuticos.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901