sábado, 6 de octubre de 2012

FERVENZA DE CAMPAIÑAS

FERVENZA DE CAMPAIÑAS
CUNTIS
PONTEVEDRA
     O río Patelo, afluente do Gallo, nace nos montes de Mesego e baixa pola pendente da montaña ata A Patela, onde as súas augas se tranquilizan ata desembocar no Gallo. No seu curso alto localízanse as Campaíñas, unhas pozas e fervenzas que son frecuentadas pola xuvetude para bañarse nos veráns. 



     Muíños O muíño das Campaíñas, o da esquerda, está prácticamente derrubado a causa do paso dos anos e das cheas do río. O da dereita, é o muíño da Patela, totalmente arruinado. Está dentro dunha propiedade privada pechada, polo tanto, sen poder ter acceso a el. Aproveitando unha das súas paredes construiuse unha corte de bloques e uralita, “un chalé de ovellas”. 


     O máis indignante é o pasotismo por parte do concello. Por un lado, deberían evitar que o deterioro destas típicas construcións avanzase ata este punto. Ademais, non se puxo ningún impedimento para que nun patrimonio público se fixeran estes estragos.

 

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901