martes, 9 de octubre de 2012

GAITEIRO - GALOPTERYX HAEMORRHOIDALIS


Gaiteiro aliroxo 
Calopteryx haemorrhoidalis 
Caballito del diablo
Taxonomía:

      Reino: animalia
      Clase: Insectos
      Orden: Odonata
      Suborden: Zygópteros.
      Familia: Calopterixae
      Xénero: Calopterix
      Especie: Calopterix virgo
 
     Os gaiteiros son odonatos, insectos de moito colorido e corpo moi alongado. Cabeza movil con grandes ollos.
 
      O corpo presenta tres partes perfectamente diferenciadas. Teñen as que en reposo permañecen desplegadas nas libeliñas e sobre o corpo nos gaiteiros.
 
      O acoplamento entre macho e femia é espectacular.
 
      Logo poñen os ovos na auga.
 
     Aparato bucal de tipo masticador, con mandíbulas fortes.
 
     Os odonatos están divididos en dous ordenes: os  anisópteros ou libeliñas ( libellula, Aeschna, Anax, etc ) e os zigópteros (Lestes, Pyrrhosoma, Calopteryx, etc. ). Tamén se chaman gaiteiros.
 
 Alimentación:
      Insectos voadores que capturan en pleno voo collendoos coas súas patas outros insectos, como moscas, mariposas, etc.
 
Respiración:
      As larvas respiran por branquias traquiaís. 
 

      O osíxeno consígueno gracias a existencias dunhas tráqueas branquiais internas o circular o líquido a través delas, gracias a esto a larva logra, mediante a expulsión dun líquido unha sobre - velocidade para capturar presas.

Reproducción:
     É do máis incrible, dende a copulación ata o estadio final, pasando entre 10 a 15 estadios.
      A cópula é incrible. Na fotografía vese como o macho suxeta a femia e como esta recolle os espermatozoides.
 
      Logo a femia pon os ovos na auga.
 
      A partir de aquí e durante 1 a 5 anos próducese un proceso incrible onde pasa de larva de distintos xeitos, cada vez máis grande e cambiando moito de caparazón, ata subir a unha ramiña ou a unha pedra e cambiar por completo de forma,  pasando de larva a cabaliño do demo.


 
Habitats:
      Preto dos ríos e charcas. Esta gaiteiro concretamente pide augas rápidas . É moi común.

Curiosidades:
      Normalmente están sempre no aire voando. Os acoplamentos das libélulas macho e femias é incríble, xa que o macho suxeta a femia polo pescozo.  A femia cúrvase para recoller o esperma ata parte delanteira do macho. Así voan e voan ... 
 
      En Galicia chamamos libeliñas as libélulas máis grandes (odonatos de ata 80 mm.) e gaiteiros as mais pequenas, ata 40 mm.
 
      En realidade as libeliñas saen dos anisópteros e os gaiteiros saen dos zigóptero.
 
      Tanto un como outro son odonatos.
 
      Tanto unha como outra xa son diferentes o nacer, xa que mentras os anisópteros teñen un sistema especial de liberarse da membrana que conforma o ovo. Así válense dunha lámina denticulada, mentras que os outros empregan unha inflamación para romper a membrana.
 
      O desenrolo da larva pode durar de 1 a 5 anos ( 10 a 16 estadios).


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901