jueves, 11 de octubre de 2012

IGLESIA DE COUSO - A ESTRADA

IGLESIA DE COUSO
A ESTRADA
PONTEVEDRA 



     Santa María de Couso é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. En 2006 tiña 240 habitantes, 14 menos que en 1986.

     En 1842 tiña unha poboación de feito de 196 persoas. Conta con 6 entidades de poboación.



PATRIMONIO:

     A ponte románica de Ponte Vea sobre o río Ulla (antigo paso da estrada C-541), de seis arcos, está representada no escudo do concello da Estrada. Une A Estrada e o val de Vea con Santiago de Compostela. Ao seu lado construíuse unha nova ponte para dar facilidade ao tráfico até a vila, xa que a antiga só mide 2,5 m de ancho.




     A Igrexa parroquial ten unha mestura de estilos arquitectónicos. Na parroquia hai dous cruceiros con figura, un en Sequeiró e outro en Maindo. 



     A Casa forte de Maíndo (século XVI), foi a primeira residencia do Capitán Xeneral do reino de Galicia, Pedro de Cisneros, chegado de Castela. Herdeiros deste gobernador emparentaron co Conde de Ximonde que chegou a ser dono dunhas importantes pesqueiras de salmón. Atópase moi ben conservada, e na actualidade é propiedade da familia Lissarrague.




      O couto salmoneiro de Couso, mais coñecido como Xirimbao, pertence ao río Ulla. Conta cunha pasarela peonil de aramio (recentemente restaurada) que une os concellos de A Estrada e Teo e dende a que se pode observar todo o couto e unha grande parte da aldea de Maíndo.



LENDAS E TRADICIÓNS:
     Cóntase que nesta parroquia naceu en 1835 Pepa a Loba, figura lendaria do bandoleirismo galego do século XIX.


     Os entroidos dos Xenerais do Ulla están documentados dende 1780, coa mascarada da parroquia de Oca, dos que falaba o escritor Alfredo Vicenti. Seguiu esa tradición a través dos tempos, agás no período da guerra civil española.

     
     Durante a segunda metade do século XX celebrouse un entroido conxunto de varias das parroquias do Val de Vea (Couso, Santa Cristina de Vea e San Xurxo de Vea), celebrándose na actualidade por separado.

     
     En Couso celébrase anualmente, normalmente o 14 de agosto, desde 1995, a festa de música folk As nosas músicas. 

     
     Tamén se celebra a festa do escalo o primeiro domingo de agosto. 

     
     Na mesma organízase un concurso de pesca do mencionado peixe, así como a posterior degustación do mesmo e doutros produtos típicos da zona.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901