jueves, 11 de octubre de 2012

IGLESIA DE SAN LOURENZO DE BARBEIRA


IGLESIA SAN LOURENZO
BARBEIRA
A LAMA 
PONTEVEDRA 
     
     A Lama é un concello interior situado ao leste da provincia de Pontevedra. Ten una extensión de 111,76 km², e está a 24 km da cidade de Pontevedra. Limita ao noroeste con Cotobade, ao oeste con Ponte Caldelas, ao sur con Fornelos de Montes, ao norleste con Forcarei, e ao leste con Beariz (provincia de Ourense). As principais vías de comunicación son a estrada PO-255 que vai cara a Ponte Caldelas e a PO-235 que vai cara a Carballedo.
  

     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas.


     Da Idade de Bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3.500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido).

     
     Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.


     Na época Medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro de Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.


      Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América


     Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.


     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901