jueves, 11 de octubre de 2012

IGREXA DE OLIVES - A ESTRADA

IGREXA DE OLIVES

A ESTRADA

PONTEVEDRA


      
     Olives e Pardemarín son dúas parroquias da Estrada que pertencen a zona chamada de Pardemarín ( Lamas, Rubín, Pardemarín, Curantes ). Estas dúas poboacións atópanse entre Curantes e Vinseiro



     A zona está ben comunicada por carreteiras e pistas. Pódese acceder dende a N-640 por dúas entradas, unha a altura do Sol e outra pasando a Pena do Foxo.


     Tamén se pode acceder dende Forcarei, Silleda , Lalín , Vinseiro. Pero xa se fai máis complicado  por que serían pistas e estradas con escasas indicacións.


     Olives está percorrida por dous regatos; o de Fraiz e o chamado O regato, e tamén por diversas fontes espalladas polos lugares.  


     Pardemarín é unha zona con bastantes regatos que baixan dos montes do sur, percorrendo o val cara o norte ( regato da Rega, o das Córtellas, o de monte Paseiro, o de Serpentín, o de Rega  dos Malotos uníndose na ponte de Abeleira ao río de porta Vicobo) con tanto regato e normal que xurdan fontes por toda a parroquia.


     A orografía do lugar é mais un val con montes frondosos ( monte da Rocha, monte Castrelo) este último con grandes vistas sobre as terras da Estrada, véndose nos días claros; Cuntis, Padrón e o mar de Cambados. estando a máis de 600m sobre o nivel do mar. 


     Todo isto fai da zona de  Lamas, Rubín, Pardemarin, Curantes, Olives un privilexio para os amantes da natureza. Sendeirismo, Micoloxía, Mountan bike. Ou simplemente intentar atopar un remanso de paz nos seus montes e praderías.


     Tamén é de mencionar a Lagoa Sacra en Olives. É unha lagoa estacionaria, que so e visible se hai precipitacións, colinda con Silleda, Forcarei. Está rodeada por vestixios dunha antiga muralla. 


     Na comarca existen antigas lendas que fan relación o nome da  lagoa, que proviña dunha batalla na que houbo moitos mortos e botáronnos á lagoa, amurallándoa de seguido para evitar a profanación. Atopase tamén  a mámoa de Boi Morto.


     A lagoa limita coas  Brañas de Xestoso, xa no Concello de Silleda, espacio protexido dentro da rede natura. 


     Na muralla que queda podemos atopar nas súas rochas liquenes e musgos  de gran beleza  para os aficionados á natureza. 


     Descendendo da lagoa cara Frariz podémonos deter no camiño e observar as panorámicas do val podendo divisar A Estrada, Santiago , o Pico Sacro que parece achegarse a nos. O acceso a lagoa faise en coche por estradas secundarias


     Olives e Pardemarín comparten  o castro de Viladafonso, que se atopa preto da igrexa de Olives no monte que linda con Pardemarin. 


     As vistas son preciosas, podendo divisar os vales e as parroquias colindantes. 


     O chamado castro foi cristianizado cunha cruz e o cura da igrexa de Curantes fai un vía crucis subindo o santo o monte. 


     O camiño nestes intres está un pouco pechado pola maleza, facendo difícil a ascensión. Tamén podemos atopar algunhas mámoas, como a de Boi Morto.


      Pardemarín tamén tén a súa mámoa, a de Campolongo. E aquí non acaba a cousa pois Olives e Pardemarin son  lugares de rochas. 


     Podemos atopar varias citas; penedas santas, poza de laxe , pena de laxe, pena ma en Olives e (pedra deitada, pías da fonte cova no monte de Fraiz) en Pardemarín.


      Outras pedras, pero xa con formas, son os cruceiros,que en Olives  atopamos un preto da igrexa e outro no castro . 


     O crucerio da igrexa de Olives é a sencillez personificada, so con dúas bases e unha columna biselada que remata nunha cruz sen ornamento ningún. 


    Tense constancia de que existiron máis cruceiros na comarca. Ó contrario que Olives, Pardemarin e a parroquia da Estrada con mais cruceiros.


     A  igrexia de Olives foi construída no ano 1829-1830 o igual que a igrexa de Curantes non ten un estilo definido, por ser relativamente novas. 


     A súa planta e de cruz latina, dúas capelas laterais e un campanario dobre. Disque a primitiva igrexa estaba construída no castro, e pode que fora así  pois era unha práctica moi habitual.  


     O mais impresionante é a paisaxe que rodea a igrexa que dende o alto domina todo o val proporcionándonos unhas vistas fermosas de Olives e Curantes. 


     Carballos centenarios o seu carón, e en todo o camiño que hai de ascensión a igrexa atopamos carballeiras e bosques mixtos de gran fermosura.

MAPA

VIDEO


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901