martes, 2 de octubre de 2012

IGREXA DE OS PRACERES DE NOITE - LOURIZAN

IGREXA DE OS PRACERES
NOITE
LOURIZAN
 
PONTEVEDRA



     Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra,  ao sul con Salcedo e San Xulián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xulián de Marín e a Ría.



     A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña.




     Lourizán dista 4 kms. da capital do concello e comunícase por medio da autovía Pontevedra-Marín. Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.




     Conta cuns 4.000 habitantes repartidos nas entidades de Agrovello, Carballeira, Caritel, Camboa, Cunchidos, Estrivela, Igrexa, Meán, Nogueiras, Outeiro, Pexegueiro, Praceres, Regueiriño, Rial, Rorís e Rozo.




     Na parroquia atópanse varios petroglifos. O lugar de maior interese é o Pazo de Lourizán, finca da veraneo da familia Montero Ríos e hoxe Centro de Investigacións Forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.




     A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901