miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXA DE SANTA CRUZ DE RIVADULLA - VEDRA


IGREXA
DE
SANTA CRUZ DE RIVADULLA
VEDRA
A CORUÑA



     A Vedra elemental descóbrese a través dos catro elementos, os cales definen a un concello que dirixe as súas olladas cara á auga do río Ulla, á terra do seu val, ao aire amparado pola serra do Pico Sacro e ao lume da calor das súas xentes. 


     O importante patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico e gastronómico de Vedra permitiranos coñecela historia desta terra elemental, unha terra con pasado que mira cara o futuro. 


     Vedra pertenceu ao bispado de Iria ata o século X, época na que pasa a formar parte da diocese de Compostela. 


     Este feito permitiu a chegada a terras ulláns de mestres canteiros que traballaban na capital galega, e que deixaron as súas pegadas nos templos parroquiais. 


     Ademais da alta notoriedade das construcións relixiosas, é de resaltar a existencia dos numerosos pazos e casas grandes, que servían de residencia de descanso da nobreza. 


     O seu máximo esplendor está representado polo Pazo de Ortigueira ou de Santa Cruz de Ribadulla, declarado Ben de Interese Cultural. 


     Tamén sobresaen os Pazos de Ximonde, Guimaráns, A Costa e Vista Alegre. 

      
     O característico microclima deste val convérteo nun lugar idóneo para a agricultura, reflectido na existencia de prados, hortas e viñedos. 


     Os antigos nobres e señores foron os promotores de belos xardíns que aínda deleitan a vista do espectador.


     Dentro deste paraíso debemos destacar a camelia, cun gran número de variedades que enchen de cores as escuras horas de inverno. 


     Todo isto conlevou a que hoxe as nosas terras sexan coñecidas como a horta e xardín de Compostela.


     Intimamente ligados ás construcións pacegas, destacan diversos elementos etnográficos, pombais, hórreos ou cruceiros que se atopan espallados por todos os lugares.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901