miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXA DE SANTIAGO DE ALBÁ


IGREXA DE SANTIAGO 
SANTIAGO DE ALBÁ 
PALAS DE REI
COMARCA DE ULLOA 
LUGO



     Igrexa románica de finais do s. XII, con reformas posteriores. 


     De planta rectangular, composta por nave, presbiterio máis alto e sancristía. 


     Fabricada con muros de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas e catro augas. 
 

     Frontis con porta principal de arco de medio punto con dúas arquivoltas abucinadas, tímpano alintelado con cruz incisa inscrita nun círculo e capiteis sinxelamente decorados. 


     Presenta espadana de dobre corpo e dous vans. No lateral sur ábrese outra porta románica moi decorada.
 

      Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior neoclásico do XIX e retablos laterais máis sinxelos. 


    
      Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2009 tiña 3.678 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

     Toponimia
     O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calizos.



     Historia
     No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.



     Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. 



     A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.



     Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.



     Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose una Xunta Revolucionaria.



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901