miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXIA DE BREIXA - SILLEDA


IGREXIA DE BREIXA
SILLEDA
PONTEVEDRA


SILLEDA
     Superficie: 158,8 km²
     Poboación: 9.055 Habitantes 


Parroquias:
     Abades (Santa María),  Ansemil (San Pedro),  Breixa (Santiago),  Carboeiro (Santa María),  Castro, O (San Mamede),  Cervaña (San Salvador),  Chapa (San Cibrao),  Cira (Santa Baia),  Cortegada (Santa María),  Dornelas (San Martiño),  Escuadro (San Salvador),  Fiestras (San Martiño),  Graba (Santa María),  Lamela (San Miguel),  Laro (San Salvador),  Manduas (San Tirso),  Margaride (San Fiz),  Martixe (San Cristovo),  Moalde (San Mamede),  Negreiros (San Martiño),  Oleiros (San Miguel),  Parada (San Tomé),  Pazos (San Martiño),  Piñeiro (San Xiao),  Ponte (San Miguel),  Refoxos (San Paio),  Rellas (San Martiño),  Saídres (San Xoán),  Siador (San Miguel),  Silleda (Santa Baia),  Taboada (Santiago),  Vilar (San Martiño),  Xestoso (Santa María).

     
      O concello de Silleda ocupa unha extensión de 158,8 quilómetros cadrados e está formado por 33 parroquias. 


     Forma parte da comarca de Deza e a súa capital é Silleda.

    
       O sur e o suroeste deste concello está percorrido por alineacións montañosas nas que se rexistran as maiores altitudes. 


     Nelas nacen os ríos Casela e Escuadro-Toxa, que descenden e orixinan pequenos vales. O oeste está bañado polos ríos Asneiro e Deza, o máis importante da rede fluvial. 


     As diferenzas de altitudes e a orientación das terras marcan variacións no clima oceánico húmido de Silleda. 


     As precipitacións diminúen cara ao noroeste, pois as montañas do suroeste actúan como barreira á entrada dos ventos do mar.


     Aínda se conservan fragas de vexetación autóctona intercaladas con piñeiros, eucaliptos e matos nas zonas altas.

    
     Unha parroquia é:

     Orixinalmente, unha unidade mínima na división relixiosa  das Igrexas cristiás, o terreo asignado a un cura ou pastor. 



     Unha unidade na división administrativa dalgunhas rexións e estados, o cal o rango vai dende inferior ó municipio, como nas comunidades autónomas españolas  de Asturias e Galicia.
Ó seu vez, as parroquias divídense en barrios.





     IGREXIA DE BREIXA
     É dunha soa nave e unha ábsida cuadrangular, dando a impresión dunha construción engadida, ou polo menos dunha reforma. 

  
     Esta igrexa románica, exteriormente dista moito da explendida mostra de arte que atopamos no interior, xa que tan só destacan dúas portas tapiadas, unha na parede este, e outra na sur, con arquivolta semicircular sobre voladizo integrado á parede, que no caso da parede este (oposta á entradas principal) presenta nun dos seus lados, unha figura uniforme.



     No interior destaca a grande profusión de formas e os múltiples adornos esculpidos. 


     A nave ten dous arcos de recente factura, posiblemente para garantir a integridade da bóveda de canón O presbiterio, peraltado, ten arco triunfal principal sobre columnas tóricas, e un segundo arco independente, de menor tamaño. 


     Outros catro arcos, estes de ferradura, presiden outras tantas pequenas entradas, das que tan só unha está tapiada. 


     Os capiteis están profusamente adornados con volutas, figuradas florlisadas, e animais que, aparentemente reprentan seres da mitologia clásica romana.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901