lunes, 8 de octubre de 2012

KAN ( LENDA-CONTO )



KAN

LENDA - CONTO


     Ó norte de Cambilandia, arriba, no medio do Lumbeiro Sagrado, na Corga dos Ceos Vellos, hai un pobo precelta, escondido detrás dunha cortina de soños e neboa pecha de azúcar, ... un pobo onde viven os yacos, ... un pobo que se chama Kan.
 
      Para entrar en Kan hai que ter sete chaves e coñecer unha clave secreta. Soio así se pode abrir a porta da brétema e traspasar o laberinto dos mil camiños e sete portas.
 
      Moraima, unha nena, leva no corazón a clave secreta da inocencia e ten no seu maxín as sete chaves, e por eso entra e sai de Kan cando quere, sin problema.
 
      É moi difícil contar cómo é Kan, porque é un mundo tan diferente do que coñecemos que non hai verbas en ningunha das linguas coñecidas para describilo.
 
      En Kan viven os yacos. Son uns seres especiais, que son ó mesmo tempo minerais, prantas e animais. E que ademáis teñen sentemento, coñecemento e alma. E que sobor de todo teñen un bo corazón.


 
      Os yacos lévanse moi ben entre eles. Non saben pelexar nin tan xiquera saben insultarse. Por eso en Kan nunca houbo guerra nin discusión algunha. 
 
      En Kan non hai amos nin escravos. Non hai xefes nin vasallos. Non hai ricos nin pobres, non hai capitalistas nin obreiros, ... Non hai gobernantes nin gobernados. 


     Alí, naide manda en naide. Todos se sinten igual de únicos e importantes.
 
      Os yacos non se sinten nin novos nin vellos: viven dende sempre e para sempre e non teñen o concepto de morte nin o de nacemento. Eles son, simplemente. 
 
      O seu intraplaneta non ten arrugas nin dores porque eles quéreno e cóidano, coma se fora o seu propio corpo. Un yaco non contamina; un yaco non queima un monte; un yaco non corta nunca unha árbore polo pé.
 
      Os yacos viven en casas feitas con paredes de espuma e teito de pensamentos. 



     Cada casa ten mil fiestras que sempre están abertas. Todas as casas teñen catro portas, abertas todas de par en par. 

     En Kan non coñecen as pechaduras, nin os candados, nin tan xiquera os pechos. 

     Todo en Kan está aberto, porque non ten para os yacos sentido perder o tempo en abrir e cerrar: alí non hai malos nin ladróns. 

     Alí todo é de todos e para todos, e cada un colle e usa o que en cada momento precisa. Ningún yaco ten o máis mínimo sentido da propiedade privada. 
 
      Sinto moito non poder explicárvos millor cómo é Kan e cómo son os yacos. Pero a verdade é que eu nunca estiven alí, e a nena Moraima -que sí estivo- cos seus cinco anos non sabe moi ben cómo explicarme este mundo máxico que éla coñece e entende, pero que eu nin xiquera son capaz de imaxinar.
 



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901