martes, 2 de octubre de 2012

MACÍAS O NAMORADO

MACÍAS O NAMORADO
LENDA


     No século XV tivo lugar a lenda dos amores imposibles do Trobador Macías. O famoso trobador galego naceu en Padrón a comezos dese século e morreu traxicamente en Arjonilla, Jaen,  entre os anos 1467 e 1484.

     Pouco é o que se sabe da vida deste trovador. Perteneceu á Corte de Xoan lí, e, segundo Baltasar Porteño, naceu en Padrón e estivo ao servicio de don Enrique de Aragón, Marqués de Villena. Namorado dunha dona chamada Elvira, non conseguiu casar con ela por mor da desemellanza social. Aproveitando unha ausencia de Macías, casou a dama cun señor de Porcuna. Cando regresou o troveiro, máis aguilloado ainda polo casamento, seguiu a lle adicar cancións amorosas. 0 esposo denuncioulle o caso ao Marqués de Arjonilla. Parece que estando preso e todo, continuou mandándose cartas e cantigas á súa amada.

     Non se teñen noticias certas do xeito como morreu tráxicamente o poeta. A versión máis común sinala que o señor de Porcuna dirixiuse a Arjonilla para reconvir ao amante da súa mulier. Xa alí, cornprobou persoalrnente como Macias lle adicaba a esta cantigas de amor, e irado polos celos guindoulle unha lanza que produciu a morte do troveiro.

    
     O Condestable don Pedro de Portugal, dixo do poeta: "Natural foi de Galicia, grande e virtuoso mártir de Cupido"; e contou a súa vida nunha nota marxinal do seu melancólico libro Sátira de felice e infelice vida.
Máis do que a obra de Macias, quezais o que importa é a biografía de lenda que a envolve, e que deu lugar a que moitos escritores e poetas contemporáneos seus, e mesmo posteriores, o xuzgaran como arquetipo dos fieis, leais e máis desditados amadores. Rodrigues Lapa escribiu verbo deso: Macias encheu toda a época coa sona conmovida dos seus infelices amores. É tan poética, tan romántica a súa historia, que sentimos mágoa porque a pasión ardentisima do Werther do século XIV fora traducida na máis pobre poesía do seu tempo. 

     As cantigas de Macias conserváronse, en número de catro, no Cancioneiro de Baena: "Cativo da miña tristura", "Señora en quen fianza", "Amor cruel e brioso" e "Probei de buscar mesura".

Ainda nos fins do século XIV, Macias amosouse, con todo, impermeable á filtración allea, e deunos pingas de sangue do seu pobre corazón flaxeiado, decindo con vella señardade: 
 
 "Cativo! de mía tristura
 ja todos prenden espanto 
 e preguntan que ventura 
é que m'ator-menta tanto".
 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901