martes, 2 de octubre de 2012

MARÍA RODRÍGUEZ - PROCESADA INQUISICIÓN


MARÍA RODRÍGUEZ 
Procesada pola Inquisición
     
     Natural da localidade portuguesa de Ponte da Lima, foi entregada pola xustiza eclesiástica do arcebispado de Braga á do bispado de Tui, a principios de 1577, acusada de bruxaría. De Tui sería remitida a Santiago, a onde chegou mutilada e esgotada. En Santiago esperaron á súa completa curación e no mes de xuño os médicos do Santo Oficio declararon que o corpo de María estaba disposto para ser sometido de novo a tortura. Mentres era torturada no potro confesou que coñecera ao demo, que tivera con el relacións amorosas, que lle entregara corpo e espírito converténdose na súa escrava e que era el quen a trasladaba polo aire dun lugar a outro.


     Despois de prometer que non había ter máis contactos co demo, foi conducida a un acto de fe en setembro do mesmo ano, pintado o seu corpo e o seu hábito coas insignias das bruxas. No auto, celebrado na catedral de Santiago, foi condenada a recibir 200 azoutes núa de medio corpo para arriba. Despois foi desterrada lonxe da súa terra e de Santiago.




     Ao cabo de dous anos foi detida de novo pola Inquisición en Portugal, na xurisdición de Pañaflor, acusada de reincidir na práctica da bruxaría. Segundo o informe que os inquisores que a procesaron "confesó lo mismo en el tormento que se le volvió a repetir y de haberse apartado de nuestra Santa Fe Cathólica y fue votada a relajar en persona a la justicia y brazo seglar, en 30 de noviembre de 1579.   



     María Rodríguez tiña trinta e oito anos cando foi consumida polo lume nunha fogueira pública na praza do Campo —hoxe praza de Cervantes— de Santiago de Compostela entre as burlas dos veciños da cidade.


AUTOR/A: ANXOS SUMAI

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901