sábado, 13 de octubre de 2012

MENTHA ROTUNDIFOLIA - MENTRASTO

MENTHA ROTUNDIFOLIA
MENTRASTO
Menta de Burro


     En galego ten moitos nomes como se corresponde a unha pranta moi coñecida: mentrastes, mentastro, matapulgas, mentoes, mentón, mentrastre, mentrastes, mentrasto, mentraste, mentrastro, puexo e ventastre.

     É importante coñecer o mentastro ou mentrastes tamén chamada menta do Burro e científicamente Menta rotundifolia. 

     Trátase, nin máis nin menos, dunha herba moi boa para que pasen os picores das ortigas. Pero teñen moitas máis aplicacións.

     A natureza é moi sabia e sempre presenta a carón dunha herba que pode causar problemas, a herba que os soluciona. Efectivamente frotando con esta herba a zona irritada polas ortigas o picor pasa.

    Normalmente non están moi lonxe o mentastro das ortigas, sobre todo de xullo a setembro.

    É da familia das Labiadas.
 


     As follas son redondas e moi peludas, dentadas nas beiras, grosas e con pecíolo, cun verde oscuro, casi blancas polo invés, e cun olor moi agradable, inda que non cheira moito. Son tamén rizadas. Esto faino doado de recoñecer...


     Trátase dunha planta que ten moitos máis pelos que a menta normal. 

     É ademáis moi olorosa.

     As flores son de cor blanco ou rosado. 

     As flores están agrupadas en espigas terminais, duns 5 cms. de longo. As veces teñen a corola de cor lila, pero normalmente é blanca. Chega os 90 cms. as veces, os talos son tamén peludos. 

     É orixinaria de Europa. 

     En Portugal chámase hortela de leite e mentastro.


     Aparece sempre moi ramificada como se pode ver en algunhas das fotografías, moito máis que a menta común. 

     É unha herba ruín que ataca as leiras, tamén é moi abondosa nas beiras dos camiños e lugares habitados.

     Ten moitísimos usos medicinais, dende infusións, utilizada como aceite, etc.

     En castelán tamén se chama hierba buena bastarda, matapulgas, hierba de sapos, mastrancho, etc.

     Son grandes as súas propiedades medicinais como estimulante, como estomacal e tamén como tónico. 

     Os seus componentes activos conteñen aceite esencial, mentol, carvona e timol.

     Conta Txumari Alfaro no seu libro "Plantas y remedios naturales del Camino de Santiago" que esta planta foi moi usada nas pousadas dos peregrinos para escorrentar as pulgas nas camas dos mismos; pero tamén no tratamento das lombrigas así como na recuperación estimulante do organismo.

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901