martes, 9 de octubre de 2012

MUIÑO DE TRIPES - PAZOS DE REIS

MUIÑOS DE TRIPES 
PAZOS DE REIS 
PONTEVEDRA

 
     Esta ampla parroquia tudense posue unha dilata historia que atopa no xacemento do castro de Cabeza de Francos, tamén chamado Alto dos Cubos, o seu primeiro expoñente. 


     Este poblado foi escavado por vez primeira nos anos 1933 por Manuel Fernández-Valdés Costas, con posteriores intervenciones no ano 1954 e finalmente en 1997. Outros asentamentos castreños en Pazos de Reis, son O Castelo, en Frinxo, e o de Pedras Brancas. 


     No cima do monte Aloia salienta a formidable muralla ciclópea cun perímetro superior aos tres quilómetros. 


     Existe un debate historiográfico sobre a orixe desta muralla, para uns seria o mítico Monte Medulio, para outros unha anterga cidade ou mesmo un primitivo asentamento de Tui.


     Na zona de Monterreal estivo o pazo do rei visigodo Witiza que tivo aquí a súa corte no século VIII, en que Tui era unha importante cidade como testemuñan as acuñacións de moedas.


  
     Dende os anos vinte do pasado século esta parroquia está constituida como Entidade Local Menor, sendo unha das poucas que ainda seguen existindo en Galicia.

  
     Boa parte desta parroquia está vencellada eclesiásticamente á parroquia de Tui. No seu territorio están a Capela do Anxo, do século XVII, e onde figuran as armas do bispo Diego de Torquemada e a Capela das Dores, en Frinxo, edificada polo bispo tudense Telmo Maceira na métade do século XIX.

  
     Nos límites desta parroquia está o monte Aloia, Parque Natural dende os anos trinta do século XX, e que salienta pola súa beleza e as amplas panorámicas sobre o val do Miño. 


     Na cima do Aloia se celebran dúas romerias anuais: o 27 de Xaneiro a festa de San Xian e no primeiro domingo de xullo a romeria da Nosa Señoras das Angurias. 


     Neste enclave existen numerosas lendas e monumentos naturais, como a chamada “Cama de san Xian”. Sobre este Monte Aloia pódese consultar o apartado específico adicado a este parque natural.

 
      La ruta por el valle del Tripes se introduce en viñedos, dispuestos de forma escalonada, junto a cultivos en los bosques a la ribera del río.

  
     Nos encontraremos con molinos tradicionales que se han estado utilizando secularmente rodeados de Alisos, Sauces, Abedules, Mentas y Helechos gigantes.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901