MUIÑOS DA ANTIGUIDADE
REGO DE FILGUEIRA
REGO DE FILGUEIRA
FIGUEIRIDO
O "Sendeiro Chan do Vilar" comeza nos denominados "Muíños da
Antigüidade" de Figueírido, e discorre por esta mesma parroquia en
sentido ascendente ata chegar ó Lago de Castiñeiras, onde poden
visitarse numerosos elementos arqueolóxicos.
Para chegar a este punto, dende Pontevedra collemos a N-555, dirección
a Vigo. Á altura de Figueirido, temos que coller unha carreteira
sinalizada á man dereita (Castileiras), e achegarnos ata o campo de
fútbol desta mesma parroquia, onde se sitúa a zona de aparcamento, e
polo tanto o inicio do sendeiro.
Valores da ruta:
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.
Descrición do percorrido:
Este sendeiro forma unha ruta lineal, comezando nos muíños de Figueirido e rematando nunha mámoa restaurada situada no entorno do Lago Castiñeiras, acadando uns 6 kilómetros e trescentos vintecinco metros de lonxitude ( só ida).
( O desnivel que soporta este sendeiro son 430 metros).
Continuamos por un camiño de terra que leva ata a zona da ponte militar. Ó pasar esta ponte seguimos o camiño e atopamos un lavadoiro que aínda se atopa en uso e o seu carón unha fermosa fonte de pedra.
Seguindo o sendeiro en sentido ascendente chegamos ata unha antiga
Mina de Auga. Ós poucos metros atópase a Pedra de Reparto, na zona
cercana ó Viveiro Forestal. Continuando a ruta ascendemos por un tramo
de gran valor paisaxístico que sobe ata a Chan da Cruz ou Monte Pelado,
dende onde se poden divisar fermosas vistas. O sendeiro continúa ata
un lugar coñecido como a Rega, onde se aprecia un agradable entorno
natural. Crúzase o pobo e comeza unha subida que nos leva ata o
Sobreiral, unha fermosa paraxe baixo a sombra destas fermosas árbores.
Metros máis adiante chegamos ó pobo de A Graña, onde pode visitarse un
antiga fonte ubicada na salda do pobo. Ó pasala Graña, subindo cara
Cotorredondo, pasamos por unha zona de gran interés arqueolóxico, onde
se atopan enterramentos tumulares e mámoas, situados no entorno da
Lagoa de Castiñeiras. Poden visitarse a Mámoa do Re¡, un conxunto
doutras pequenas mámoas.O sendeiro pon o seu fin no Lago Castiñeiras,
unha fermosa área de descanso o recreo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901