martes, 9 de octubre de 2012

MUIÑOS EN LORES - MEAÑO

MUIÑOS EN LORES
MEAÑO
PONTEVEDRA


     O concello de Meaño ten reflectida nas súas pedras a historia que forxou ao longo dos séculos. O seu patrimonio artístico é tan abundante como descoñecido.


     A mais dos seus numerosos cruceiros, hórreos e muíños, algúns restaurados hai pouco, podemos comprobar o señorío dos seus pazos, como o de Lis, na parroquia de Meaño, ou o de Zárate, en Padrenda, ou a beleza das súas igrexas e capelas, entre as que destacan a de Santa María, de Simes, e o templo románico de San Xoán Bautista, de Meaño.


     
     Ademais compre destacar a fermosura paisaxística que se observa no que se podería chamar a Rota das Capelas, visitando a da Virxe das Angustias (Xil), a de Santo Amaro (Meaño) e a de San Bieito (Lores); en torno a esta última celébrase unha romaría que congrega miles de peregrinos cada ano.


     
     Na imaxe de arriba un dos máis de 70 muiños que existen en Meaño e, na imaxe inferior o Peto de Ánimas de Vilariño, unha fermosa mostra da arte relixiosa da Galicia rural.


     A igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobas localízase na parte máis alta da aldea, fóra do núcleo que forman as vivendas, rodeada de fragas e cultivos. É de planta rectangular, cunha soa nave e a capela maior tamén de planta rectangular e con bóveda de canón. A fachada é sinxela e a porta alintelada. Acolle no seu interior unha das imaxes máis veneradas no concello, a de San Bieito de Palermo (o santo negro), festividade que se celebra o martes despois da Pascua.


     Fronte á igrexa, no adro, sitúase un cruceiro de gran beleza, ricamente tallado. Destacan as figuras do fuste que representan a escea bíblica do Pecado Orixinal.




Outras igrexas que cómpre lembrar son as seguintes:

  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
  • Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
  • Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil






XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901