lunes, 8 de octubre de 2012

MUIÑOS EN POTEMACEIRA

MUIÑOS EN POTEMACEIRA
NEGREIRA
CORUÑA


     A aldea da Ponte Maceira está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre.


     En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muiño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construida sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares de outro romano anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.


     Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra


     Existen numerosas lendas relacionadas coa tradición xacobea, como aquela que di que dende o norte viñan a todo correr os discípulos do Apóstolo Santiago, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. 


     Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron Ponte Maceira e ven como, de súpeto, ao facelo os romanos, a ponte vense abaixo e os perseguidos conseguen escapar grazas a esta intervención "diviña".

     
     Aqui tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernando Pérez de Trava e Bermudo, cos que os enfrontamnetos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais. A Historia Compostelá relata o feito:



...Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente aos homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ásfrechas, segundo as visicitudes da guerra. Cómo o pasou en Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar...








MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901