Fuco do Chouso era un comedor de carne sempertino. Dende o fozadeiro hastra a punta do rabo, para el o porco non tiña cousa mala; o mesmo comía o touciño da coarta que xugaba un oso deixandoo limpo de todo. Para el, xantar sin carne non era xantar, e polo tanto, tiñalle unha xenreira á coresma que non podía vela. A bula tampouco a queria porque, o que el decía: el compraba o porco e tiña que crialo, e mantelo, e cebalo; e si despois ainda había de pagar para poder come-la carne, a cousa non tiña traza. Istas razóns foron as que lle espuxo ó crego cando se confesou. -Pero señor...
-Nada, que sin bulda non podes comela e pecas mortalmente si o fas. -Pero señor... -!Señor cornos! Está dito que o prohibe a Ilesia, e por algo se fai. -Pero señor, !escoite!, faga o favor: ¿e non se podrá comer siquera a que quede nos dentes de cando un comese? -Home, salvando a porqueria, a que quede nos dentes pode comerse. Fuco saleu do confesonario máis ledo que Arquímedes do baño cando vislumbrou a lei da sumerxión nos líquedos. E non berrou !Eureka! porque nin oíra falar de Arquímedes, nin conocia o vocablo. Pro ano, o martes de entroido colleuse unha grade e arrimouna de costas a unha das paredes da dispensa. Quitou do baño a carne que lle pareceu, foina poñendo nos dentes da grade, e alí a deixou, dempois de cerrarlle ben ós gatos.
Recibido no correo. V.C
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901