viernes, 5 de octubre de 2012

O BORRANCHO - CONTO DE MI


O BORRANCHO


     As veces as cousas nos buscan a nós e non a inversa. Iso pensaba.


     Sorprendíase acotío das cousas incribles que saíanlle ao paso.



     Onte, pola tardiña, sentiu o impulso de achegarse hasta a veira do mar e xa polo camiño escoitou unha voz que dicía moi baixiño, “agora, agora ,xaaaaaaaaaaa…”



     Viraba a cabeza cara o camiño, buscaba na area e debaixo do peirao, trataba de atopar onde estaba quen falaba, pero non encontrou a ninguén.


     Nestas chistáronlle, “chisssss, chiss..”, e mirou cara o ceo. Un garabato atopábase flotando no ar, prendido da lúa no cuarto minguante.


     Abraiada escoitou unha historia sorprendente. O borrancho fuxira dun conto de nenos xogando ao tule, agora non sabía voltar, tampouco quería. Sabía que a súa travesura chegaba ao seu fin pois a chuvia xa estaba a chegar e quería ver o mundo, a mar. Os contos , son contos , dicíalle. Gracias pórme escoitar.


     E chegou a auga do ceo, aos pouquiños veuno fuxir. Sen decatarse o seu corazón chimpou ao tempo que estendía a man, como querendo atrapalo.


     Paseaba a miúdo cos pés espidos. As veces estragábase algunha deda, entón camiñaba a saltos. 

     Non lle importaba, sabía co camiñar ten esas cousas, e por iso non ía parar.


Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901