sábado, 6 de octubre de 2012

O CARRIZO E O CASTRÓN


O CARRIZO E O CASTRÓN
CONTO


     
     Os carrizos tiñan un niño moi feitiño agachado nunha silveira e, un día en que a carriza estaba chocando os seus ovos, apareceu polo camiño un bode que viña triscando os gomos das silvas. O animal, ou gañou medo ou vezou cousa mellor do outro lado que tripou a silveira esmagando o niño e mais os ovos.

     A carriza mirou para aquel que pasara con tanta présa e quíxoo coñecer. Queixouse a se laiar da estragueira que lle dixera a o bode nin para ela mirou. 

     A carriza moito chorou daquela, e cando chegou o carrizo inda a carriza choraba. 

     Preguntou el o que pasara e respondeulle a carriza:

     -¡ E ti non sabes, hom, a desgraza que tivemos hoxe....!

     O carrizo, temendo o peor, volveu preguntar:

     -¿E logo que foi, muller?

     -Pasou un bode, desfixo o niño e mais esmagoume os meus ovos.

     -¡Ei, carafio! -fixo o carrizo-. ¡Se estou eu aquí, que couce lle daba!

XOAN ARCO DA VELLA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901